Benvid@ á páxina web do Concello de Oza dos Ríos. Para saber onde nos atopamos pica no recadro que está á dereita deste texto.
Este es el texto alternativo a una animación puramente estética que muestra un mapa de la zona donde se encuentra Oza dos Ríos
CINE E TEATRO
NOITE DE CINE: O mércores 27 de agosto ás 22:00h, diante do Concello, proxectarase a película ERAGON (todos os públicos) dentro do programa "Noite de Cine 2008" da Deputación. Así mesmo, o venres 12 de setembro proxectarase "PEQUENA MISS SUNSHINE" (7 anos) á mesma hora e no mesmo sitio (se chove, trasládase a proxección ó Polideportivo Municipal). TEATRO: dentro do programa "CULTURA VAI VERÁN" da Xunta, o venres 29 de agosto actuará o grupo de teatro infantil "A LOCA MOTORA". Será ás 12:00h na Biblioteca Municipal. Non volo perdades!!
IV OZA SKATE E SENDEIRISMO
IV OZA SK8: o sábado 13 de setembro terá lugar a cuarta edición do Campionato de Monopatíns Oza Sk8, na mini rampa situada no aparcadoiro da Piscina Municipal. Haberá premios para os participantes e sorteo de agasallos entre o público asistente. Ademais, ás 21:00h, actuará Álvaro Muras, quen ten unha interesantísima proposta de música e pintura (mentres el actúa, un artista realizará unha obra), e despois actuará o xoven grupo "For Home Use Only". SENDEIRISMO: o domingo 14 de setembro realizarase a última ruta mensual deste ano. Levarase a cabo polo río Mendo, e terá unha duración aproximada de 4 horas. A hora de quedada será ás 9:30h diante do Concello e a hora de regreso prevista son as 1
MR. DIXIE JAZZ BAND NA IGREXA DE CIS
Dentro dos Circuitos Culturais da Deputación, o sábado 20 de setembro, ás 12:00h na Igrexa de Cis, actuará o grupo Mr. Dixie Jazz Band, grupo de Jazz tradicional estilo Nova Orleáns, premiados en diferentes festivais e moi aclamados tanto polo público como pola crítica. Non perdades esta fantástica oportunidade de velos preto da vosa casa!!