|
O Concello de Oza dos Ríos, na provincia da Coruña, é un municipio en continuo crecemento no que podemos atopar unha valiosa riqueza medioambiental, paisaxística e monumental. Convidámosvos a facernos unha primeira visita a través desta web que, esperamos, sexa do voso agrado.
|
|
18 Setembro. FERVENZAS DE ARANGA
O sábado 18 de Setembro acercarémonos a coñecer o municipio de Aranga e asúas fermosas fervenzas.
Nestes momentos xa se cubriron tódalas prazas pero aqueles que desexen anotarse en lista de espera poderano facer no teléfono 981 79 20 00 (de luns a venres de 10.00 a 14.00h) ou enviando un correo a ozaturismo@yahoo.es.
________________________________________________________________
VI CAMPIONATO "OZA SK8" - 4 DE SETEMBRO
O 4 de setembro celebraremos na Mini-Rampa de Oza (no aparcadoiro da Piscina Municipal) a sexta edición do campionato de skate. Ademais, este ano, como actividade complementaria, teremos CLASES DE INICIACIÓN Ó SKATE, para rapaces/as de 8 anos en diante. As clases son gratuitas e estarán impartidas polo skater ocense Javi Saavedra, promotor e organizador do campionato coa colaboración dos Departamentos de Cultura, Deportes e Turismo.
As clases terán lugar os días 1, 2 e 3 de setembro, de 17:30 a 18:30h.
Os participantes terán que traer os seus monopatíns e será obrigatorio que veñan equipados coa protección completa para poder realiza-la actividade.
![]()
Por motivos alleos á organización, o grupo "Estíbaliz Espinosa Trío" non poderá actuar o sábado 21 tal e como estaba previsto, polo que, en espera de ter unha nova data para o concerto, o cartel queda da seguinte maneira:
- Sábado 21 de agosto - 21:30h - Praza do Concello: Actuación de Taninos Maduros Big Band. A banda, liderada polo músico, cantante e compositor Pepe Piña, fará un percorrido pola música Dixie e Jazz de primeiros do Século XX, interpretando temas como "Satin Doll", "Summertime" ou "Moten Swing" entre outros, cunha instrumentación composta de batería, contrabaixo, teclado, guitarra eléctrica, banxo, washboard, trompeta e voz.

DEPARTAMENTO DE CULTURA E OMIX
FORMACIÓN AUDIOVISUAL PARA A INFANCIA E A MOCIDADE - PROGRAMACIÓN 2010:
O Departamento de Cultura, en colaboración coa OMIX, presenta o programa de formación audiovisual non regrada para o 2010:
Dado o enorme éxito que tivo a primeira edición do "Curso de Produción Audiovisual – Rodaxe de curtametraxes" impartido por Dani López (Mandeo Records) e a posterior demanda de máis accións formativas deste tipo por parte da poboación (especialmente a xuvenil), decidiuse seguir fomentando dende o Concello a creación audiovisual e as novas formas de expresión, para o que programamos a oferta formativa do 2010 en base a dous cursos:
-
Obradoiro práctico de Documentais para maiores de 14 anos (20 prazas). Esta actividade está pensada para que @s alumn@s do curso de 2009 que estean interesados poidan seguir formándose neste eido, ó mesmo tempo que nov@s alumn@s descubran as posibilidades da linguaxe cinematográfica, neste caso a través dos documentais.

_________________________________________________
VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Dende a OMIX queremos recordarlles que o prazo para presentar os seus traballos para participar no Concurso de Fotografía 2010 remata o 6 de agosto ás 13:30h. Asimesmo, comunicámoslles que a entrega de premios terá lugar o venres 27 de agosto ás 21:30h no Concello, tendo lugar despois o concerto de Clave de Fado, que de seguro fará as delicias de todos os amantes da boa música.
Axuntamos aquí as bases da convocatoria:
BASES DO VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA (2010):
- Poderán participar todos os interesados/as, sen límite de idade, e independentemente da súa nacionalidade e lugar de residencia.
- O tamaño e o formato das fotografías serán libres; o tema tamén é libre, sendo condición única (e indispensable) que retraten elementos, paisaxes, construcións, etc., do noso municipio.
- Ningunha fotografía traerá nada escrito que poida servir para identificar ó autor ou autora.
- As fotografías realizadas con técnica dixital presentaranse impresas en papel e virán acompañadas dunha copia en CD.
- Prazo de presentación dos traballos: ata o venres día 6 de agosto de 2010 ás 13:30h.
- Os traballos serán remitidos á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello (OMIX do Concello de Oza dos Ríos, Rúa Lois nº 33, 15388, Oza dos Ríos, A Coruña) ou ben entregados en man no propio Concello. (Para máis información: Teléfono- 981 79 20 00 e Fax: 981 79 20 25).
- Premios e contía dos mesmos: establécense tres únicos premios, podendo estes ser declarados desertos se o xurado o estima oportuno (1º: 150 €, 2º: 120 € e 3º: 90 €).
- O xurado estará formado polo Alcalde-Presidente do Concello de Oza, xunto cos demais membros da corporación que el designe.
- Os gañadores daranse a coñecer na entrega de premios que se celebrará na Biblioteca Municipal en agosto (data por determinar, publicitarase na web do Concello).
- As fotografías recibidas pasarán a ser propiedade do Concello e serán utilizadas por este e incluídas na súa páxina web.
● CAMPAMENTO URBANO - VERÁN 2010 – CONCILIANDO VIDA FAMILIAR E LABORAL: AMPLIADO O NÚMERO DE PRAZAS E A IDADE MÍNIMA:
O Concello de Oza dos Ríos, no seu afán por conciliar a vida laboral e familiar da cidadanía do municipio, decidiu ampliar o número de prazas do Campamento Urbano de 25 a 35 por grupo, e amplia-la idade mínima dos participantes, que pasa a ser de 3 e 4 anos de Primeiro de Infantil. Así, todos os nenos e nenas que este ano estiveron escolarizados, aínda que teñan 3 anos, poden acudir ó Campamento.
O vindeiro 5 de xullo comezan as "Actividades de Verán 2010" para nenos e nenas de 4 a 14 anos, e rematarán o venres 27 de agosto.
Neste 2010, as actividades desenvolveranse no Polideportivo Municipal, en horario de 9:30 a 14h. Así, este ano trátase dun Campamento urbano, para que as familias poidan conciliar a vida familiar e laboral, ofrecéndoselles a posibilidade de que os seus fillos e fillas pasen a mañá realizando actividades lúdicas e deportivas.
- Hora de entrada: 9:30h.
- 1º grupo: de 9:45 a 11:15h (Manualidades de 4 a 7 anos e Deportes de 8 a 14 anos).
- Recreo: de 11:15 a 11:45h.
- 2º grupo: de 11:45 a 13:15h (Manualidades de 8 a 14 anos e Deportes de 4 a 7 anos).
- Horario de recollida dos nenos/as: de 13:30 a 14:00h.
O prazo de inscrición abrirase o luns 28 de xuño ás 9:00h e rematará cando rematen as prazas, que se adxudicarán por rigurosa orde de inscrición, tendo preferencia os empadronados no municipio. O prezo destas actividades é de 10 €/mes para empadronados e 50 €/mes para non empadronados.
Para inscribirse ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (Susana Castro – Técnica de Cultura) de luns a venres de 9 a 14h. |
|
AULA DE INFORMÁTICA
HORARIO DE VERÁN
|
luns |
martes |
mércores |
xoves |
venres |
| de |
10:00 |
10:00 |
10:00 |
9:00 |
10:00 |
| a |
14:00 |
14:00 |
14:00 |
13:00 |
14:00 |
| |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
__________________________________________________________________________
PISCINA MUNICIPAL - TEMPADA 2010
A Piscina Municipal de Oza dos Ríos reabrirá as súas portas o sábado 19 de xuño, rematando a tempada o domingo 5 de setembro.
O horario deste ano é de 15 a 20:00h, de luns a domingo.
Prezos:
- Ata 6 anos e a partir de 65: gratuito.
- De 7 a 17 anos: 1 €/día.
- De 18 a 64 anos: 1,50 € / día.
- Bonos: a partir do luns 28 de xuño poderán facerse bonos, tanto individuais como familiares na propia piscina. A semana que ven publicaranse os prezos dos mesmos.
____________________________________________________________________________
NOVAS DA Oficina Municipal de Información Xuvenil
(Para calquera dúbida ou información, podes poñerte en contacto coa OMIX no enderezo electrónico omixconcelloozadosrios@yahoo.es , ou no 981 79 20 00 - Responsable: Susana Castro)
CARNÉ XOVE EURO £ 30:
Se tes entre 12 e 30 anos xa podes obte-lo teu carné xove na Oficina Municipal de Información Xuvenil. Este carné, que ten unha validez de 2 anos e un prezo de 6 €, ofréceche numerosas vantaxes e descontos en gran cantidade de servizos e establecementos (tendas, transportes, cine, etc...), así que non o dubides e consegue o teu! Se queres máis información, podes consulta-la páxina www.xuventude.net ou vir directamente á OMIX do teu Concello.
------------------------------------------------------
A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DA MOCIDADE GALEGA ARREDOR DE 9.000 PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS E ACTIVIDADES DE VERÁN (de 9 a 35 anos)
máis información: www.xuventude.net
____________________________________________________________________________
CURSO "PORTUGUÉS PARA NÓS" DA XUNTA DE GALICIA:
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade ofrece a posibilidade de realiza-lo curso "Portugués para nós", en liña e gratuitamente, a todas aquelas persoas interesadas en obte-lo diploma acreditativo de coñecemento da lingua portuguesa no nivel de iniciación. Para inscricións e obter toda a información do curso segue a seguinte ligazón:
http://www.portuguesparanos.com/index.php?lang=gl_utf8
|
|
ACTIVIDADES NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE OZA DOS RÍOS:
- INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Pepe Paraje, Coordinador de Actividades Deportivas (670 856 504). Horario Polideportivo de 18:00 a 22:00 h - 981 79 26 20 .
- AERÓBIC E XIMNASIA DE MANTEMENTO:
- Martes e xoves de 20:30 a 22:00h.
- Prez 8 €/mes.
- Sen límite de prazas.
- BAILES DE SALÓN:
- Luns de 20:30 a 22:00h.
- Prez 8 €/mes.
- Sen límite de prazas. (Iniciarase en canto haxa grupo mínim 12 persoas).
- TAE KWON DO:
- Martes e venres: de 4 a 7 anos.
- Luns e mércores: de 8 a 12 anos (posibilidade de vir maiores de 12).
- Horarios: por determinar.
- Inici 24 de setembro.
- Prez 12 €/mes.
- Prazas: sen límite
- ALUGUER DE PISTA:
- Reservas: concertar co Coordin
- A partir do 1 de xulio hay maís horas para alugar
- Prezo 8 €/hora.
- Usos: fútbol sala, balonmán, baloncesto, voleibol, tenis, bádminton...
|
|
|
|
I CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL
DO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS
Durante o pasado 2009, desenvolveuse en Oza o I Curso de Produción Audiovisual do Concello. Neste curso, organizado pola OMIX e o Departamento de Cultura e impartido polas empresas Mandeo Records e Aira Dixital, realizamos diferentes traballos e prácticas que podedes ver no enlace http://mandeorecords.blogspot.com
Algúns deses traballos foron:
- GANDEIROS : con don Luis de Recarey coma protagonista, e onde contamos coa inestimable colaboración de José Luis Caamaño Castro , sen dúbida un dos mellores cámaras e directores de fotografía do audiovisual galego.
- Dobraxe de KILL BILL : cos alumn@s do curso coma locutores.
- Rodaxe da curtametraxe de ficción " FOUCELLAS, UN CAFÉ DE POTA?" , baseada nalgúns aspectos da historia do famoso fuxitivo cando andivo por estas terras de Oza, así como de outros totalmente inventados, que foi ademais o noso proxecto máis ambicioso e a pedra angular do curso.
Neste 2010 estamos a preparar novas actividades formativas no eido do audiovisual das que daremos boa conta nesta páxina, así como dos prazos de inscrición e prezos das mesmas, para que todas aquelas persoas interesadas se poidan achegar a tan interesante mundo. |
|
|
|
Información actualizada no teu correo electrónico? pincha aquí |
|