O Concello é o lugar ao que os veciños poden acudir para resolver todas as necesidades e demandas relacionadas coas competencias municipais. Por isto, traballamos acotío co fin de ser unha administración eficaz e próxima á cidadanía.
Unha proba desta intención é esta páxina web, coa que pretendemos converternos nunha administración local moderna, amosándolles como traballamos, que servizos ofrecemos, que actividades desenvolvemos, cales son os dereitos e obrigas que todos debemos cumprir, etc.
Coñecendo como funcionamos poderedes facernos chega-las vosas suxestións, opinións, críticas ou queixas.
O noso obxectivo é mellorar e conseguir satisfacer as vosas expectativas.
|
|