Entre os seus servizos desenvolve:
Información Municipal: para que a cidadanía acceda ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e á utilización dos bens e servizos públicos. Ofrece aclaracións e axudas sobre procedementos, requisitos ou documentación para acceder ao disfrute dun servizo público ou beneficiarse dunha prestación.
Recibe e tramita as solicitudes, denuncias, queixas, reclamacións, suxestións e iniciativas dos cidadáns e das cidadás.
Encárgase da tramitación dos expedientes en materia de contratación administrativa de obras, servizos ou subministros.
Encárgase da tramitación administrativa da actividade urbanística, en concreto:
- Licencias urbanísticas
- Licencias de apertura de actividades, establecementos
e cambios de uso.
- Infraccións urbanísticas.
- Infraccións de plantacións.
Xestiona o Padrón Municipal de Habitantes, onde constan os datos d@s veciñ@s do municipio, identifica as entidades e os núcleos de poboación do concello, realiza a numeración das edificacións, expide certificados de empadroamento e rexistra as altas, baixas, cambios de domicilio e modificacións de datos.
Encárgase da redacción de actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicacións dos acordos adoptados polo goberno local.
Tramitacións de licencias para a tenza de animais potencialmente perigosos e xestiona a inscripción no Rexistro Municipal de animais potencialmente perigosos.
Tramitacións de licencias de auto-turismo de servizo público.
Tramitacións de recursos administrativos contra
actos locais.
|