Selección de linguas: Castellano - Galego - English

MENÚ DE SECCIÓNS

Páxina Principal

Concello

O Teu Concello

Servizos

Corporación

Conoce Oza dos Ríos

Contorno

Municipio

Galería

Historia

Información general

Teléfonos de Interese

Emprego Público

Enlaces

Festas

Novas

Danos a Túa Opinión

Contacto

Boletín

Título: HISTORIA
Subtítulo: Destacados
Empresas
Dispoña de todas as actividades empresariais de Oza dos Ríos

separador
 
Adorno: Empresas
Asociacións
Todas as asociacións de Oza dos Ríos

separador
 
Adorno: Asociacións
Clima
Comprobe o estado do clima nestes intres

separador
 
Adorno: O Clima
Cultura
Todo o abano cultural do teu concello

separador
 
Adorno: Cultura
Deporte
Todos os eventos deportivos, torneos, competicións
 
Adorno: Deporte
Subtítulo: Foro

Accede ao foro da túa comunidade e déixanos a túa opinión
 
Adorno: Foro
Subtítulo: Boletín

Se queres recibir información sobre o teu concello, actividades, eventos, etc... apúntate ao noso boletín

separador
 
Adorno: Boletín
Adorno: Escudo del ayuntamiento de Oza dos Ríos

viñeta Oza dos Ríos acolle restos de distintas épocas que fan demostrables as súas orixes con vestixios que datan xa do período castreño. Desta época consérvanse e téñense recoñecidos numerosas mámoas e túmulos, a meirande parte deles coroando as zonas altas do Monte do Gato. Estes enclaves foron retomados no período romano, onde se complementaba a economía agraria coa de mineiría. Un bo exemplo e demostración de que esta época tivo representación neste territorio é a estela funeraria de Mazarelas (hoxe no Castelo de San Antón – A Coruña).

separador


viñeta Durante a Idade Media os asentamentos fanse máis numerosos e alónxanse un pouco dos puntos máis altos e fortificados para poder atender mellor ás actividades agrícolas. Este período está dirixido por ordes relixiosas como a de San Martín de Santiago e a de San Benito. O sistema feudal é controlado polos mosteiros, dos que temos un claro exemplo en San Nicolás de Cis (coa súa igrexa orixinal do S.IX) e noutro que se supón había na Igrexa de San Pedro de Oza alá polo 1155. Son importantes tamén outras construcións civís e relixiosas desa época como por exemplo: a ponte situada na parroquia de Sta. Cruz de Mondoi (que compartimos con Betanzos) e os templos de Santa Cruz de Mondoi, Santa Mª de Cuiña cunhas interesantes pinturas murais do século XV), Santo Tomé de Salto, San Martín de Bandoxa (do tempo de Bernardo II : 982-999), Santiago de Reboredo, San Pedro de Oza, San Pedro de Porzomillos e posiblemente San Esteban de Vivente no que se atoparon inscricións da mesma época.

No Antigo Réximen, Oza dos Ríos tiña as súas parroquias distribuídas nas xurisdicións de Betanzos, Parada, Oza e Fervenzas, todas elas na provincia de Betanzos.

separador


viñeta O proxecto para levar á práctica o RD do 23 de xullo de 1835 foi presentado para a súa aprobación definitiva na sesión da Deputación provincial do 6 de xuño de 1836, onde o proxecto do partido xudicial de Betanzos sufreu modificacións; en relación co concello de Oza acordouse que lle fose incorporada unha nova parroquia, a de San Nicolás de Cines, que estaba no proxecto no concello de Abegondo.

O 18 de xuño de 1836 aparece publicada a instalación definitiva do partido xudicial de Betanzos, na que o concello de Oza consta das seguintes parroquias: San Pedro de Oza, San Esteban de Parada, San Martín de Bandoxa, Santiago de Reboredo, Santa María da Regueira, San Pedro de Porzomillos, Santa Cruz de Mondoi, San Tomé de Salto, Santa María de Cuíña, San Esteban de Vivente e San Nicolás de Cines.

O 27 dese mesmo mes Sta. María de Rodeiro foi segregada de Aranga e incorporada a Oza dos Ríos.
Na pequena etapa dos xulgados comarcais creados pola Orde do 24 de marzo de 1945 Oza dos Ríos dispón dun xulgado comarcal do que depende o xulgado de paz de Cesuras.

As súas parroquias dependen da diócese de Santiago. En principio chamouse concello de Oza (1836) e posteriormente para non confundilo con outro Oza, pasou a ser Oza dos Ríos (1916).

 


 


Adorno: Fotografía que acompaña el texto



Adorno: Fotografía que acompaña el texto



Adorno: Fotografía que acompaña el texto

Icono de conformidad co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

XHTML 1.0 Transicional Válido

¡CSS Válido!

Páxina optimizada para unha resolución de 1024x768px
by grupo-iv