| |
NOTA INFORMATIVA
O Concello de Oza dos Ríos habilitou no seu momento un foro de discusión aberto a toda a cidadanía para que a xente do noso municipio puidera expresar libremente a súa opinión sobre calquera asunto do pobo, facer suxestións ou mesmo críticas, iso si, sempre con espíritu constructivo.
Dado que, finalmente, este foro se converteu nunha plataforma dende a que verter impunemente descalificacións persoais, tanto a empregados municipais como a veciños e veciñas de Oza, o Concello vese na triste obriga, como responsable último das opinións no foro vertidas, de pecha-lo mesmo.
Así, todas aquelas persoas que queiran comunicarlle algo ó Concello poderán facelo a través do enderezo electrónico correo@oza.dicoruna.es, onde serán atendidas as súas demandas, sempre e cando sexan respectuosas.
Sen outro particular, e con profundo pesar polo cariz que tomaron as cousas no espazo do foro,
reciban tod@s un cordial saúdo
|
|