| O Concello de Oza dos Ríos é un municipio en continuo crecemento. Nel podemos atopar unha valiosa riqueza medioambiental, paisaxística e monumental; goza de paisaxes de incomparable beleza, que non sempre son coñecidas polas persoas que nos visitan. Para intentar evitar esta situación, dende o Concello de Oza dos Ríos habilitamos esta páxina web que, esperamos, sexa do voso agrado.
 |
|

|

|
|
|
CONCERTO DE FIN DE CURSO DE "OBRADOIRO MUSICAL" E CURSO 2009-2010 |
Salón de Sesións do Concello, o xoves 2 de xullo ás 20:00h. |
Un ano máis, os participantes na actividade "Obradoiro Musical" ofrecerán o concerto de Fin de Curso no Concello.
Ademais, actuarán os dous mestres deste ano: Xoán Curiel e Pepe Piña. Os dous músicos e cantautores darán tamén un pequeno concerto no que presentarán os seus propios temas, ademais de acompañar ós alumnos e alumnas nalgunhas das interpretacións.
Para o curso 2009-2010 temos algúns cambios:
- Xoán Curiel abandónanos por non poder compaxinar a actividade con outros compromisos profesionais e artísticos e o mestre será este curso Pepe Piña. Despedímonos con profundo pesar de Xoán, a quen desexamos a mellor das sortes e a quen sempre recordaremos por teres iniciado tan extraordinaria actividade, da que incluso xurdiu un grupo musical (36 cordas) e unha cantautora (Alicia Pérez), e dámoslle a máis calurosa benvida a Pepe Piña, quen de seguro saberá gañar, igual que fixo Xoán, o cariño, admiración e respeto dos alumn@s do próximo curso.
- Horarios e grupos: haberá 4 grupos, distribuidos da seguinte maneira:
1) xoves de 15:30 a 16:30, nen@s de 8 e 9 anos.
2) xoves de 16:30 a 17:30, nen@s de 10 a 12 anos.
3) xoves de 17:45 a 19:15, moz@s de 13 a 16 anos.
NOVIDADE:
4) VENRES de 20:30 a 22:00h, grupo de adultos (a partir de 17 anos).
- Programa do curso:
- Nocións básicas de armonía musical.
- Guitarra (acordes, interpretación e composición)
- Canto (nocións básicas de técnica vocal).
- Composición (letra e música).
- Interpretación. |
|
CAMPAMENTO EN XULLO CON ARANGA, COIRÓS E
IRIXOA |
Albergue La Portilla, Llanes (Asturias)
Do 13 ó 18 de xullo |
Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Oza dos Ríos foi convidado a participar no Campamento que organizan os Concellos de Aranga, Coirós e Irixoa para nen@s de 8 a 14 anos, que este ano terá lugar en Llanes (Asturias) do 13 ó 18 de xullo.
O prezo do campament 280 € por nen@. 1) Empadroados: 100 € ( o Concello subvenciónalles 180 € ) e 2) Non empadroados: 280 € (custo total da actividade).
Este prezo inclúe: desplazamentos de ida e volta ó campamento, aloxamento con pensión completa, monitorado e actividades (rutas de sendeirismo, visitas culturais, viaxe no FEVE, espeleoloxía, visitas ás praias...)
O xoves 25 de xuño haberá unha reunión explicativa na Biblioteca do Concello ás 20:00h.
O prazo de inscrición remata o venres 4 de xullo ás 13:00h (número de prazas limitado)
Para inscribirse ou informarse, chamen ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres de 10 a 14h. |
| Horarios e prezos da piscina 2009 |
descarga PDF |
|
AULA DE INFORMÁTICA EN VERÁN |
HORARIOS DO 1 DE XULLO Ó 30 DE AGOSTO:
MAÑÁS:
- De luns a venres: de 10:00 a 14:00h.
TARDES:
- De luns a venres:
de 15:00 a 21:00h. |
Durante os meses de xullo e agosto, a Aula de Informática abrirá nos horarios indicados.
Do 31 de agosto ó 4 de outubro (ambos incluídos) a Aula permanecerá pechada no horario de TARDE. |
|
ACTIVIDADES
DE VERÁN 2009 NO CONCELLO |
Na Ludoteca do Concello (2º piso).
Do 6 de xullo ó 27 de agosto (os venres non hai actividades, nin o luns 17 de agosto)
Haberá 2 grupos:
1) de 4 a 8 anos, de 11:30 a 13:00h.
2) de 9 a 14 anos, de 10:00 a 11:30h. |
Un ano máis, o Departamento de Cultura e a OMIX organizan as Actividades de verán para nen@s de 4 a 14 anos.
A actividade distribúese en diferentes obradoiros (manualidades, debuxo e pintura, reciclaxe, etc...), desenvoltos de luns a xoves.
A actividade é totalmente gratuita.
O prazo de inscrición abrirase o luns 22 de xuño ás 9:00h e rematará cando se cubran as prazas (hai 12 por grupo), que se adxudicarán por rigurosa orde de inscrición.
Para inscribirse ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres de 10:00 a 14:00h. |
|
CAMPAMEN-
TOS
DEPORTIVOS
E CAMPUS DE FÚTBOL 2009 |
Durante o mes de xullo, desenvolverase o programa de campamentos da Deputación da Coruña.
Campamentos deportivos: do 5 ó 11 de xullo.
Campus de Fútbol: do 12 ó 18 de xullo. |
Un ano máis, a Deputación oferta, dende os concellos, a programación de campamentos de verán dirixidos a nenos e nenas de 9 a 13 anos (inclusive).
Para participar é preciso face-la preinscrición no Concello, e os prazos son:
C. Deportivos: ata o 19 de xuño.
C. Fútbol: ata o 19 de xuño.
Como o número de prazas é limitado, farase a preinscrición ata os días sinalados e despois sortearanse as prazas que haxa entre todos os interesados.
|
|
|
RUTAS DE SENDEIRISMO
|
Data: Sábado 27 de xuño.
Punto de Encontr Casa do Concello de Oza dos Ríos.
Hora: por concretar
Inscrición: Julia ou Susana
e-mail: ozaturismo(arroba)yahoo.es |
Ruta ata o Castro de Cis:
Polideportivo Municipal - Mangoño - Castro de Cis - Convento de Cis - Regreso ao punto de partida.
10 km aproximadamente. Dificultade baixa, media-baixa. |
|
|
|
|
I CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL
DO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS |
Dendo o mes de xaneiro , as empresas Mandeo Records e Aira Dixital están a impartir o I Curso de Produción Audiovisual do Concello de Oza dos Ríos.
Neste curso, que é principalmente práctico , os alumn@s conformaron un equipo de rodaxe (produción, dirección de fotografía, sonidistas, script, montadores, etc..) para poder levar a cabo os seus propios proxectos (curtametraxe, longametraxe, documental...)
No enlace http://mandeorecords.blogspot.com , poderedes ver as prácticas realizadas ata o de agora, que son:
- GANDEIROS : con don Luis de Recarey coma protagonista, e onde contamos coa inestimable colaboración de José Luis Caamaño Castro , sen dúbida un dos mellores cámaras e directores de fotografía do audiovisual galego.
- Dobraxe de KILL BILL : cos alumn@s do curso coma locutores.
O próximo proxecto, que é ademais o máis ambicioso e pedra angular do curso, é a rodaxe dunha curtametraxe de ficción titulada " FOUCELLAS, UN CAFÉ DE POTA?" , baseada nalgúns aspectos da historia do famoso fuxitivo cando andivo por estas terras de Oza.
A rodaxe comezou a fin de semana do 17 de abril no bar "Sixto ", en Aranga, a cuxos donos agradecemos xa dende aquí a súa inestimable colaboración, e finalizará previsiblemente en xullo.
Unha vez rematada a rodaxe, realizaremos unha festa-estrea da curta e de todos os traballos realizados ó longo do curso, á que por suposto estades todos convidados! |
|
VI CONCURSO
DE
FOTOGRAFÍA
DO CONCELLO DE OZA DOS RÍOS
|
Un ano máis, os Departamentos de Cultura e Turismo, en colaboración coa OMIX, convocan o Concurso de Fotografía do Concello de Oza dos Ríos, que neste 2009 vai xa pola súa 6ª edición.
BASES:
1. Poderán participar todos os interesados/as, sen límite de idade, e independentemente da súa nacionalidade e lugar de residencia.
2. O tamaño e o formato das fotografías serán libres; o tema tamén é libre, sendo condición única (e indispensable) que retraten elementos, paisaxes, construcións, etc., do noso municipio.
3. Ningunha fotografía traerá nada escrito que poida servir para identificar ó autor ou autora.
4. As fotografías realizadas con técnica dixital presentaranse impresas en papel e virán acompañadas dunha copia en CD.
5. Prazo de presentación dos traballos: ata o venres día 7 de agosto de 2009 ás 13:30h.
6. Os traballos serán remitidos á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello (OMIX do Concello de Oza dos Ríos, Rúa Lois nº 33, 15388, Oza dos Ríos, A Coruña) ou ben entregados en man no propio Concello. (Para máis información: Teléfono- 981 79 20 00 e Fax: 981 79 20 25).
7. Premios e contía dos mesmos: establécense tres únicos premios, podendo estes ser declarados desertos se o xurado o estima oportuno (1º: 150 €, 2º: 120 € e 3º: 90 €).
8. O xurado estará formado polo Alcalde-Presidente do Concello de Oza, xunto cos demais membros da corporación que el designe.
9. Os gañadores daranse a coñecer o xoves 13 de agosto na entrega de premios que se celebrará na Biblioteca Municipal.
10. As fotografías recibidas pasarán a ser propiedade do concello e serán utilizadas por este e incluídas na súa páxina web.
En Oza dos Ríos, a 25 de marzo de 2009.
O PRAZO REMATA O VENRES 7 DE AGOSTO ÁS 13:30H.
|
|
Información actualizada no teu correo electrónico? pincha aquí |
|